A distinción entre conxuncións e conectores discursivos e a súa manifestación fraseolóxica
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.)
ISSN: 1698-7861
Ano de publicación: 2013
Número: 15
Páxinas: 209-234
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega
Resumo
Os problemas terminolóxicos conteñen a miúdo problemas de fondo. Con esta idea, o propósito do artigo é examinar as causas lingüísticas e metalingüísticas da confusión que rodea as categorías da conxunción e os conectores discursivos (e os seus correlatos fraseolóxicos), incrementada tras a irrupción dos segundos na bibliografía especializada. Sobre este exame, proponse unha caracterización destas dúas clases de palabras, para diferencialas e tamén para sinalar as súas zonas de indistinción. A oposición entre conxunción e conector discursivo crúzase coa existente entre palabra e unidade fraseolóxica, pois moitos dos conectores e algunhas conxuncións son locucións. Aquí radica unha clave para entender o significado procedemental destas unidades