As fórmulas rutineiras españolas á luz da etoloxía humana
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.)
ISSN: 1698-7861
Any de publicació: 2014
Número: 16
Pàgines: 249-272
Tipus: Article
Altres publicacions en: Cadernos de fraseoloxía galega
Resum
Este texto recolle unha proposta de aplicación da Etoloxía Humana ao estudo das fórmulas rutineiras. De forma concreta, pártese dun concepto específico, o de gramática universal do comportamento social humano (Eibl-Eibesfeldt 1979a, 1979b, 1993) e búscase relacionar as diferentes nocións teóricas que apoian este concepto con algunhas das cuestións que fundamentan as reflexións sobre as fórmulas. Deste xeito, considéranse algúns tipos de fórmulas rutineiras, como, por exemplo, as fórmulas de consentimento ou as de agradecemento, a partir da súa posible relación con determinadas estratexias de interacción ou cos mecanismos de ritualización estudados pola Etoloxía Humana. Deféndese a idea de que os estudos etolóxicos propician diferentes vías de reflexión que poden ser útiles para a investigación fraseolóxica.