Battered Women No MoreThe Power of Resilience and Sisterhood in Their Eyes WereWatching God and The Color Purple
- Carnota Aguión, Cristina
- David M. Clark Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 04 de outubro de 2024
- Luis Alberto Lázaro Lafuente Presidente
- Eduardo Barros-Grela Secretario/a
- María Amor Barros del Río Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxectivo desta tese de doutoramento é analizar a dinámica do matrimonio dentro da sociedade afro-americana. Para iso, o foco centrarase nas novelas de Zora Neale Hurston e Alice Walker; "Their Eyes Were Watching God" e "The Color Purple". Do mesmo xeito, a crítica feminista negra será importante e proporcionará contextualización axeitada ao tema, así como o é a traxectoria literaria e activista tanto de Alice Walker como de Zora Neale Hurston. O obxecto de estudo son as dúas protagonistas femininas, Janie Mae Crawford e Celie, e analizar os seus matrimonios para ver como influenciaron no seu crecemento persoal para alcanzar a independencia nunha sociedade patriarcal que prioriza aos homes. Desa maneira, profundarei en como estas mulleres interactúan con personaxes tanto femininos como masculinos. Mentras as mulleres se unen e apoian entre si, os homes recorren á violencia e á opresión para exercer poder. Ambas novelas mostran o silencio das mulleres negras a varios niveis de opresión. Tanto emocionalmente como físicamente, sufriron violencia e abuso ao mesmo tempo que son vistas como obxectos aos que os homes fan dano. Ao longo destas novelas, ambas protagonistas alcanzaron a individualidade coa axuda da irmandade e da resiliencia.